Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia

As estradas de titularidade da Comunidade Autónoma compoñen a Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

Compártao :

Compartir

O catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia é o instrumento público que serve para identificar, inventariar e clasificar e, se fora o caso, categorizar funcionalmente as estradas das redes de cada administración titular. Polo tanto, este catálogo contén a clasificación técnica das estradas autonómicas, a súa identificación e denominación, os puntos inicial e final de cada un dos treito que a constitúen e a súa respectiva lonxitude, así como a súa representación gráfica. Ademais, categoriza funcionalmente as estradas autonómicas nas categorías establecidas no artigo 32 do Regulamento xeral de estradas de Galicia aprobado por Decreto 66/2016, do 26 de maio: rede estruturante, rede complementaria e rede local.

Decreto 100/2021, do 24 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de estradas da Rede autonómica de estradas de Galicia

Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (formato PDF, 55 MB) 

Últimos cambios na Rede Autonómica de Estradas de Galicia

  • 01/09/2023: entrega dun treito da AC-12 á Xunta de Galicia (acta 24/08/2023)
  • 03/08/2023: Real Decreto transferencia dun treito da AC-12 á Xunta de Galicia (DOG 02/08/2023)
  • 28/07/2023: Decreto transf. treito inicial da OU-622 ao Concello do Barco de Valdeorras (DOG 27/07/2023)
  • 27/07/2023: entrega dun treito antigo da AC-133 ao Concello de Fene (acta 24/07/2023)

Continuar coa listaxe de cambios

  • 27/07/2023: entrega de treitos antigos da AC-440 ao Concello de Muxía (acta 06/07/2023)
  • 20/07/2023: entrega treitos antigos AC-432, AC-441 e AC-552 ao Concello de Vimianzo (acta 20/07/2023)
  • 17/07/2023: Decreto transf. treitos antigos AC-432, AC-441 e AC-552 ao Conc. de Vimianzo (DOG 05/07/2023)
  • 13/07/2023: Decreto transferencia dun treito antigo da AC-133 ao Concello de Fene (DOG 10/07/2023)
  • 10/07/2023: entrega dun treito intermedio da AC-543 ao Concello de Brión (acta 03/07/2023)
  • 21/06/2023: Decreto transferencia de treitos antigos da AC-440 ao Concello de Muxía (DOG 20/06/2023)
  • 09/05/2023: Decreto transf. dun treito antigo LU-633 (LU-134) ao Concello de Triacastela (DOG 08/05/2023)
  • 20/04/2022: incorporar o treito á Plisan da autovía AG-51 posto en servizo o 19/04/2023 (ver plano)
  • 19/04/2023: modificación do Catálogo de estradas de RAEG (DOG 18/04/2023)
  • 11/04/2023: actualización do Catálogo de estradas de RAEG (DOG 10/04/2023)
  • 22/03/2023: entrega treito AC-430 e treito AC-552, ambos en Baio, ao Concello de Zas (acta 22/03/2023)
  • 08/03/2023: correción na PO-331 erro de transcrición do Decreto de transferencia (DOG 08/08/2022)
  • 06/03/2023: entrega de dous treitos de camiño no DPV AG-55 ao Concello de Coristanco (acta 20/02/2023)
  • 06/03/2023: entrega da rúa do Miño á Xunta de Galicia incorporada como PO-414 (acta 20/02/2023)
  • 06/03/2023: entrega treitos antigos da OU-533 (V-46 e V-47) ao Concello do Bolo (acta 16/02/2023)
  • 06/03/2023: entrega tr. antigos OU-801 e Área recreativa da Agra ao Concello de Padrenda (acta 08/02/2023)
  • 06/03/2023: entrega do treito inicial da estrada OU-540 ao Concello de Ourense (acta 07/02/2023)
  • 06/03/2023: entrega da estrada LU-163 ao Concello do Valadouro (acta 14/11/2022)
  • 14/02/2023: Decreto transf. dous treitos de camiño en DPV AG-55 ao Conc. de Coristanco (DOG 10/02/2023)
  • 10/02/2023: Decreto transferencia de treitos antigos da OU-533 ao Concello do Bolo (DOG 09/02/2023)
  • 03/02/2023: Decreto transferencia de treitos antigos da OU-801 ao Concello de Padrenda (DOG 01/02/2023)
  • 03/02/2023: Decreto transferencia do treito inicial da OU-540 ao Concello de Ourense (DOG 01/02/2023)
  • 03/02/2023: Decreto transf. rúa do Miño á Xunta de Galicia incorporada como PO-414 (DOG 20/01/2023)
  • 12/12/2022: incorporar o treito da autovía AG-22 posto en servizo o 23/11/2022 (ver plano)
  • 05/12/2022: entrega PO-431, treito ini. PO-261, tr. antigos e outros ao Conc. de Mondariz (acta 01/12/2022)
  • 02/12/2022: entrega de dous treitos antigos, LU-170 e LU-861, ao Concello de Xermade (acta 28/11/2022)
  • 15/11/2022: Decreto transferencia treitos antigos LU-170 e LU-861 ao Concello de Xermade (DOG 14/11/2022)
  • 03/11/2022: Decreto transf. PO-431, tr. ini. PO-261 e treitos antigos ao Conc. de Mondariz (DOG 02/11/2022)
  • 03/11/2022: Decreto transf. treito ini. AC-430 e treito AC-552, en Baio, ao Concello de Zas (DOG 02/11/2022)
  • 21/10/2022: Decreto de transferencia da LU-163 ao Concello do Valadouro (DOG 20/10/2022)
  • 27/09/2022: Corrección erros Decreto transferencia DPV adxacente LU-664 a Monforte (DOG 22/09/2022)
  • 27/09/2022: entrega de DPV adxacente da LU-664 ao Conc. de Monforte de Lemos (acta 16/09/2022)
  • 12/09/2022: entrega treitos antigos PO-331, PO-332 e PO-340 ao Concello de Gondomar (acta 09/09/2022)
  • 09/09/2022: produce efectos no Catálogo a Resolución que cambia a clase da VG-1.8 (DOG 09/09/2022)
  • 07/09/2022: entrega do treito inicial da AC-544 ao Concello de Ames (acta 05/09/2022)
  • 12/08/2022: incorporar ramal conexión N-525 - AG-53 en Dozón posto en servizo o 12/08/2022 (ver plano)
  • 10/08/2022: Decreto transf. DPV adxacente da LU-664 ao Conc. de Monforte de Lemos (DOG 09/08/2022)
  • 09/08/2022: Decreto transferencia treito inicial da AC-544 ao Concello de Ames (DOG 08/08/2022)
  • 09/08/2022: Decreto transf. tr. antigos PO-331, PO-332 e PO-340 ao Conc. de Gondomar (DOG 08/08/2022)
  • 01/08/2022: entrega dun treitos antigos da AC-133 ao Conc. de Mugardos (acta 29/07/2022)
  • 01/08/2022: entrega do treito final da DP-5802 á Xunta de Galicia (acta 29/07/2022)
  • 19/07/2022: Decreto transferencia tr. final DP-5802 á Xunta de Galicia e modificac. AC-526 (DOG 18/07/2022)
  • 14/07/2022: Decreto transf. tr. antigos AC-133 e DPV adxacente ao Conc. de Mugardos (DOG 13/07/2022)
  • 11/07/2022: entrega de DPV adxacente da PO-308 e da PO-364 ao Concello de Sanxenxo (acta 08/07/2022)
  • 04/07/2022: Decreto transf. DPV adxacente ao Conc. Sanxenxo e modificación PO-364 (DOG 22/06/2022)
  • 22/04/2022: entrega AC-310, treito final AC-311 e treito interm. AC-550 ao Concello de Noia (acta 20/04/2022)
  • 18/04/2022: entrega totalidade treito AC-211 e totalidade da AC-415 no Conc. da Coruña (acta 13/04/2022)
  • 12/04/2022: Decreto transf. AC-310, tr. fin. AC-311 e tr. interm. AC-550 ao Conc. de Noia (DOG 11/04/2022)
  • 07/04/2022: Decreto transf. da AC-415 e do treito final da AC-211 ao Conc. da Coruña (DOG 06/04/2022)
  • 04/04/2022: entrega tr. iniciais AC-162 e AC-163 ao Conc. de Sada con efectos 02/04/2022 (acta 04/03/2022)
  • 01/04/2022: publicidade da acta de entrega tr. iniciais AC-162 e AC-163 ao Conc. de Sada (DOG 01/04/2022)
  • 01/04/2022: Decreto transferencia treitos iniciais AC-162 e AC-163 ao Concello de Sada (DOG 15/09/2021)
  • 14/03/2022: entrega dunha zona de DPV adxacente da AC-301 ao Concello de Rois (acta 11/03/2022)
  • 09/03/2022: entrega de dous treitos antigos da LU-113 ao Concello de Abadín (acta 08/03/2022)
  • 17/02/2022: entrega dun treitos antigos da OU-540 ao Concello de Verea (acta 16/02/2022)
  • 08/02/2022: entrega da AC-132, incluído treitos antigos, ao Concello de Mugardos (acta 08/02/2022)
  • 03/02/2022: decreto de transferencia da AC-132 ao Concello de Mugardos (DOG 02/02/2022)
  • 11/01/2022: entrega dun treitos antigos da PO-244 ao Concello de Ponte Caldelas segundo acta de 29/12/2021
  • 14/12/2021: entrega das estradas PO-420, PO-430, PO-432 e PO-433 e dos treitos antigos PO-403, PO-404, PO-409 e PO-420 ao Concello de Salvaterra de Miño segundo acta 09/12/2021
  • 14/12/2021: decreto de transferencia das estradas PO-420, PO-430, PO-432 e PO-433 e dos treitos antigos PO-403, PO-404, PO-409 e PO-420 ao Concello de Salvaterra de Miño (DOG 07/12/2021)
  • 10/12/2021: entrega do actual treito inicial da PO-190 ao Concello de Valga segundo acta 28/06/2021
  • 30/11/2021: entrega dos treitos finais da AC-303 e AC-550 ao Concello de Ribeira segundo acta de 29/11/2021
  • 20/11/2021: decreto de transferencia treitos finais AC-303 e AC-550 ao Concello de Ribeira (DOG 19/11/2021)
  • 02/11/2021: entrega da PO-210 e PO-211 ao Concello de Silleda segundo acta de 28/10/2021
  • 27/10/2021: decreto de transferencia da PO-210 e PO-211 ao Concello de Silleda (DOG 26/10/2021)
  • 15/10/2021: incorporación da parte autonómica da Ponte internacional de Salvaterra de Miño
  • 07/10/2021: actualización do Catálogo de estradas de RAEGA (DOG 07/10/2021)
  • 02/09/2021: publicación listados do Catálogo de estradas en formato PDF e XLSX
  • 20/07/2021: treitos antigos AC-429 transferidos ao Conc. Cabana de Bergan. 16/07/2021
  • 08/07/2021: publicación do documento do Catálogo de estradas en formato PDF
  • 07/07/2021: quitar a AC-114 transferida ao Concello de Narón o 01/07/2021
  • 30/06/2021: quitar a OU-189 transferida ao Concello de Vilamarín o 25/06/2021
  • 28/06/2021: incorporar Variante de Ponte Arnelas como treito da PO-300 18/03/2019
  • 01/06/2021: treito final da OU-103 transferido ao Conc. de Baños de Molgas 31/05/2021
  • 24/05/2021: treitos antigos LU-633 transferido ao Concello de Triacastela 19/05/2021
  • 05/05/2021: N-120a Rúa Concordia transferida ao Concello de Ourense 05/05/2021
  • 05/05/2021: N-120a Av. Buenos Aires transferida Concello de Ourense 05/05/2021
  • 11/03/2021: N-120a Variante de Trasariz ao Concello de Cenlle o 10/03/2021
  • 05/03/2021: PO-333 transferida ao Concello de Nigrán o 22/09/2020
  • 18/02/2021: treito inicial da AC-213 transferido ao Concello de Culleredo 17/02/2021
  • 11/02/2021: treito inicial da LU-530 transferido ao Concello de Lugo 10/02/2021
  • 09/02/2021: quitar a LU-241 transferida ao Concello de Guitiriz o 08/02/2021
  • 20/11/2020: quitar a OU-400 transferida á Deputación o 28/10/2020
  • 20/11/2020: quitar a OU-211 transferida á Deputación o 28/10/2020
  • 20/11/2020: incorporar a OU-129 transferida á Xunta de Galicia o 28/10/2020
  • 28/09/2020: Incorporar a VG-3.1 posta en servizo o 11/09/2020
  • 19/08/2020: nomenclatura da AC-309 incorporada 30/08/2019
  • 23/07/2020: treito parcial PO-344 transferido ao Concello de Tomiño 14/07/2020
  • 12/06/2020: treito parcial AC-543 transferido ao Concello de Ames 26/05/2020
  • 02/03/2020: incorporar treito intermedio AC-406 posto en servizo o 28/02/2020
  • 02/03/2020: recodificar treitos antigos AC-406 como AC-407 orixinado 28/02/2020
  • 02/03/2020: quitar OU-185 transferida ao Concello de S.C. de Cea 16/12/2019
  • 02/03/2020: quitar OU-186 transferida ao Concello de S.C. de Cea 16/12/2019
  • 02/03/2020: quitar OU-187 transferida ao Concello de S.C. de Cea 16/12/2019
  • 02/03/2020: quitar OU-214 transferida ao Concello de Boborás 25/09/2019
  • 02/03/2020: incorporar treito final da AG-46 posto en servizo o 21/06/2019
  • 20/12/2019: treito parcial OU-540 transferido ao Concello de Celanova 04/11/2019
  • 20/12/2019: treito parcial OU-531 transferido ao Concello de Celanova 04/11/2019
  • 20/12/2019: quitar OU-162 transferida ao Concello de Celanova o 04/11/2019
  • 20/12/2019: treito inicial OU-536 transferido ao Concello de Ourense o 11/10/2019
  • 04/12/2019: quitar OU-188 transferida ao Concello de Leiro o 23/07/2019
  • 08/10/2019: treito inicial PO-549 transferido ao Concello de Vilagarcía o 04/09/2019
  • 08/10/2019: quitar PO-180 transferida ao Concello de Ponte Caldelas o 23/07/2019
  • 03/10/2019: incorporar o treito final da AG-46 posto en servizo o 21/06/2019
  • 23/08/2019: treito inicial PO-400 transferido ao Concello de Salvaterra 24/06/2019
  • 25/04/2019: treito final AC-429 transferido a prol do Concello de Laxe o 01/04/2019
  • 21/02/2019: quitar AC-175 transferida a prol do Concello de Oleiros o 03/10/2018
  • 05/02/2019: incorporar a VG-1.8 posta en servizo o 04/02/2019
  • 05/02/2019: incorporar a OU-525 transferida a prol da Xunta o 11/01/2019

 

Documentos relacionados