Datos de tráfico

A intensidade e volume de tráfico na Rede Autonómica de Estradas de Galicia avalíase continuamente a través dos traballos previstos no plan de aforos.

Compártao :

Compartir

O obxectivo básico do plan de aforos da Rede Autonómica de Estradas de Galicia é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas que a compoñen, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria, o volume anual de tráfico ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para as regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.

Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co plan de aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.

Memoria de Tráfico 

Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato dixital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.

Última versión publicada (ano 2022)

Hai dúas posibilidades de descargar esta edición dixital desde esta páxina web:

  • Versión en formato PDF (soamente os datos do ano referido): Memoria de tráfico do ano 2022 (PDF, 63 Mb)
  • Versión interactiva (cos datos do ano referido e anteriores como datos históricos), para a que se require previamente descargar os arquivos e instalar a aplicación Afoxun que xestiona a información: Afoxun 2022 (ZIP, 168 Mb)
Documentos relacionados