CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel María Vázquez Mourelle

Compártao :

Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

Naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorporou ao organismo autónomo Augas de Galicia.

  • Ethel Vázquez asume a presidencia de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) da Xunta de Galicia en abril de 2009, cargo que exerceu ata ser nomeada directora xeral de Infraestruturas en setembro de 2010.
  • En abril de 2011 asume a presidencia da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.
  • En xaneiro de 2012 foi nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas.
  • Desde 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Desde outubro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleira de Infraestruturas e Vivenda.
Ligazóns relacionadas