Taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público viario

Compártao :

A taxa de utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público viario está regulada pola Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade autónoma de Galicia.

Esta taxa aparece definida nos subapartados 34.05.01 e 34.05.02 do anexo 5 desta Lei.

Coeficientes de poboación "Cd"

Nesta páxina recóllense os arquivos co cálculo dos coeficientes de densidade de poboación "Cd", por concello e ano, aplicables á base impoñible para obter a tarifa anual dun ano concreto da taxa derivada polo aproveitamento especial do dominio público viario.

Este cálculo do "Cd" anual faise conforme:

  • ás cifras de poboación por concello a 1 de xaneiro do ano anterior ao devengo da taxa segundo a declaración oficial realizada por Real Decreto e publicadas polo "Instituto Nacional de Estatística" (INE). Estes datos atópanse no tema de Demografía e población e no subapartado Padrón poboación por municipios.
  • ás cifras de superficie por concello (a data da publicación do Real Decreto referido no parágrafo anterior) e publicadas polo "Instituto Geográfico Nacional" (IGN) a través do seu centro de descargas do "Centro Nacional de Información Geográfica" (CNIG). Estes datos atópanse no apartado de Información xeográfica de referencia e no subapartado de Nomenclátor xeográfico de municipios e entidades de poboación.
Documentos relacionados
  • Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa da taxa de aproveitamento especial - 2021
  • Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa da taxa de aproveitamento especial - 2020
  • Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa da taxa de aproveitamento especial - 2019
Consulta de tarifas anuais da taxa DPV
Taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público viario