Sistemas de axuda á explotación (SAE)

Compártao :

Compartir

O Plan de Transporte Público de Galicia establece diferentes liñas de actuación dirixidas á modernización do sistema de transportes, que serán incorporadas aos pregos de condicións das novas concesións.

Dentro destas melloras prevese a integración de todos os vehículos do sistema de transporte nun Sistema de Axuda á Explotación (SAE), que permitirá realizar o seguimento da frota de vehículos mediante a súa xeolocalización, coñecendo a posición do vehículo en cada momento, a hora de paso por cada parada e a prevista para as paradas seguintes, e os atrasos ou adiantos con respecto aos horarios oficiais teóricos.

Ademais, este sistema facilitará a publicación nun portal web e en dispositivos móbiles da información dos servizos de transporte para que as persoas usuarias poidan acceder á devandita información en tempo real.

Esta actuación supón un paso máis na modernización tecnolóxica do transporte público, iniciada mediante o proxecto SAEGAL promovido pola Xunta de Galicia, do que foi un primeiro paso a adopción o 1 de febreiro de 2014, por parte da Dirección Xeral de Mobilidade e a Amtega, dunha resolución na que se recollían as especificacións funcionais aplicables naquel momento.