O sector en cifras

O transporte público de persoas viaxeiras abarca varios subsectores e diferentes modalidades de prestación de servizos: transporte en autobús e transporte en taxi.

Compártao :

Compartir

Os autobuses prestan tres tipos fundamentais de servizos:

  • Discrecionais contratados por vehículo completo e sen periodicidade nin regularidade. Exemplo típico, as excursións.
  • Regulares de uso especial contratados por vehículo completo por un só contratante/pagador do servizo e para un grupo homoxéneo e fixo de usuarios que se trasladan a un centro común de estudos, traballo ou doutra índole. Caso típico, o transporte de escolares, que en Galicia alcanza unha entidade sen parangón con outras comunidades autónomas, como demostra o feito de que, cun orzamento de 85,2 millóns de euros, sexa con diferenza a comunidade que máis fondos públicos dedica a estes servizos. O orzamento para o curso vixente, que creceu un 8,1% respecto ao do curso anterior tan só se refire aos centros públicos e privados concertados nos niveis de educación obrigatoria, e financia o traslado de 133.500 estudantes en 2.441 autobuses cun percorrido medio diario de máis de 100.000 km.
  • Regulares de uso xeral. Os que presta un operador en réxime de monopolio en virtude dunha concesión, para trasladar a persoas usuarias indeterminadas (uso xeral) a través de itinerarios, calendario e horarios predeterminados (regular) pola Administración que, así mesmo, determina todos os aspectos de servizo. desde a tarifa ata as características dos vehículos.