A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- GA/17/047.09.2.5 | Delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na Rede Autonómica de Estradas de Galicia, na provincia de Lugo, no concello de Mondoñedo
- PO/22/206.06 | Senda peonil na PO-407 (O Porriño)
- PO/23/096.01 | Conexión dun vial de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301
- PO/23/169.02 | Modificacion da rede de drenaxe na PO-223. Pontevedra
- AC/03/036.01.1 | Adecuación do noiro p.q. 29+680-29+720 MD da autovía AG-11 ao contido do Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo núm.1 de Santiago
- OU/22/163.06 | Pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, Ourense
- PO/21/132.06 | MSV na PO-531. Treito: PO-310 - VG-4.8
- LU/22/071.02.1 | Restitución da estrada LU-651 entre os PP.QQ. 17+650 e 18+470
- PO/22/166.09 | Restitución da situación previa á formación do vertedoiro de terras realizado durante as obras de Conversión en autovía do Corredor CG-4.1. Subtreito III: PPQQ 7+300 - 11+150 (PO/12/070.01.3)
- PO/21/115.06 | Mellora da seguridade viaria na intersección do P.Q. 31+540 da PO-255 en Covelo