A axencia

Compártao :

Compartir

A Axencia Galega de Infraestruturas é o órgano administrativo da Xunta de Galicia encargado de xestionar integramente toda a infraestrutura viaria da Rede de Estradas da Comunidade Autónoma Galega (RAEGA).

A Axencia Galega de Infraestruturas centra os seus obxectivos nunha actuación concreta no territorio a través da análise das principais necesidades e demandas que en materia de infraestruturas existen na nosa comunidade autónoma, tanto en termos de nova construción e prevención de cara ás novas necesidades como en termos de seguridade viaria e mantemento dos máis de 5.000 quilómetros xa existentes da rede de estradas autonómica.

A implementación e construción de novas infraestruturas constitúe unha liña básica de actuación que pretende acadar os máis altos graos de vertebración interior e exterior para o noso territorio. Para facer realidade este obxectivo, estanse elaborando un conxunto de Plans de Actuación que definirán as estratexias das futuras tomas de decisións evitando así calquera tipo de arbitrariedade, marcándose prazos realistas e establecendo as dotacións orzamentarias axeitadas para desenvolver da maneira máis eficiente a rede que articulará as comunicacións no futuro de Galicia.

Pero xunto á construción de novos quilómetros de estradas tamén é necesaria a mellora e conservación das xa existentes hoxe, tanto para acurtar os tempos de traxecto como para manter a seguridade nos seus percorridos, modificándoos cando así sexa necesario co fin de obter un trazado homoxéneo, raios de curva amplos coa maior visibilidade posible, un balizamento adecuado para as horas de pouca luz e as condicións meteorolóxicas adversas, sinalización vertical e horizontal axeitada e, en resumo, todas as condicións necesarias para un bo estado do firme.

As contas anuais da Axencia, que conteñen o plan de acción e a memoria de actividades, unha vez auditadas están recollidas na conta xeral da comunidade autónoma que pode consultarse nesta ligazón.

 

Contactos relacionados
  • Axencia Galega de Infraestruturas

    Edificio Administrativo San Caetano
    15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 981 544 564 ; Fax: 981 544 543
    Correo-e: infraestruturas.cim@xunta.gal

  • Servizo Provincial da Coruña

    R/ Vicente Ferrer, 2
    15071 - A Coruña (A Coruña)
    Teléfono: 981 184 870

  • Servizo Provincial de Lugo

    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo (Lugo)
    Teléfono: 982 294 446

  • Servizo Provincial de Ourense

    R/ Sáenz Díez, 1
    32071 - Ourense (Ourense)
    Teléfono: 988 386 247

  • Servizo Provincial de Pontevedra

    Avda. Fernández Ladreda, 43-1º-4º
    36071 - Pontevedra (Pontevedra)
    Teléfono: 986 805 639