Subvencións para a transformación de frotas de transporte de mercancías e viaxeiros/as

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 18 abril 2024

    ver máisver máis ver máisver máis

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

 

Información xeral

Obxecto 

O obxectivo deste programa de incentivos é a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario. Estas axudas  convócanse no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024.

Neste programa de axudas inclúense 5 actuacións subvencionables:

  • Actividade 1: achatarramento de vehículos.
  • Actividade 2: adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono.
  • Actividade 3: retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos.
  • Actividade 4: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
  • Actividade 5: adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

A finalidade destas subvencións é acelerar os investimentos claves para a sustentabilidade do transporte, co fin de impulsar melloras no sector. Desta maneira, pretende favorecer a descarbonización e mellora do aire nas cidades mediante a renovación das frotas de vehículos, excluídos os de titularidade pública. 

Dotación orzamentaria 

O importe total inicial das subvencións obxecto desta convocatoria, para os exercicios 2022, 2023 e 2024, é 12.433.884,86 €. O 30 de novembro de 2022 ampliouse con 7.574.288,47 € e o 18 de outubro de 2023 foi aprobada unha segunda ampliación por valor de 9.074.947,09 €. En total, o crédito asignado a estas axudas (incluíndo o 3% destinado a custos indirectos) ascende a 29.467.673,56 €.

Posteriormente, mediante a Orde do 6 de marzo de 2024 (DOG nº 54, do 15 de marzo de 2024), constatando que o crédito destinado á actividade 1 resultaba insuficiente para atender todas as solicitudes presentadas, e que as actividades 2, 3, 4 e 5 non esgotaron o orzamento asignado, dispúxose unha redistribución de crédito entre as distintas liñas de axuda, cuxo importe foi concretado a través da Resolución do 22 de marzo de 2024.

Deste xeito, actualmente, a dotación orzamentaria distribúese da seguinte maneira entre as distintas actividades (detraído o importe correspondente ao 3% de custos indirectos).

Actividade

Partida orzamentaria

Crédito inicial 2022 (€)

Crédito tras ampliacións  (€)

Crédito tras redistribución (€)

Actividade 109.02.512A.770.05.595.248,1912.862.639,5119.683.643,35
Actividade 209.02.512A.770.05.470.909,3412.576.803,088.900.000,00
Actividade 309.02.512A.770.0621.694,241.429.182,160,00
Actividade 409.02.512A.770.0621.694,241.429.182,160,00
Actividade 509.02.512A.770.0124.338,85285.836,440,00

A situación orzamentaria neste momento pode consultarse no apartado de "Orzamento dispoñible".

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciouse o 2 de abril de 2022, o día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 30 de marzo de 2022, e estará vixente

  • ata o 30 de abril de 2024 para as actividades 1,2,3 e 5
  • e ata o 31 de decembro de 2023 no caso da actividade 4

Contía das axudas 

De conformidade co artigo 17 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro, a contía das axudas aos destinatarios últimos para cada unha das actividades obxecto de subvención será a establecida no anexo I do devandito real decreto.

Procedemento de adxudicación

A resolución de concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva. As solicitudes serán atendidas por rigoroso orde de presentación, ata o esgotamento dos fondos.

Prazo de execución

Dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude, sen prexuízo da realización das correspondentes actuacións preparatorias necesarias para presentar a solicitude ou levar a cabo os investimentos, sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias fosen iniciadas con posterioridade á data de publicación do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro, no Boletín Oficial del Estado (17 de novembro de 2021).

Datos de contacto

Subvencións Frotas – Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Teléfono: 981 544 587
Correo-e: subvencionsfrota.mobilidade@xunta.gal

 

A quen van dirixidas?

Persoas físicas ou xurídicas con residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións de transporte en vigor na data da solicitude das axudas:

  • Autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxunto de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada con clave MDPE.
  • Autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.
  • Autorización de transporte privado complementario de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MPCE.
  • Autorización de transporte privado complementario de viaxeiros en autobús coa clave VPCE.
  • Autorización autonómica de transporte público de mercadorías con clave MDLE, sempre que teñan adscritos á devandita autorización vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima á data de aprobación do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro.

As persoas beneficiarias poderán recibir axudas unicamente en relación coa categoría e clase de vehículos asociada á habilitación que lles outorgue a autorización da que son titulares.

Igualmente serán beneficiarias destas subvencións, sempre que teñan a súa residencia fiscal en Galicia, as persoas xurídicas privadas que na data de solicitude da axuda presten o servizo público de transporte urbano en autobús e estivesen exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas nos apartados anteriores.

 

Tramitación da solicitude

Tanto a solicitude como a tramitación destes procedementos farase por medios exclusivamente electrónicos. 

En consecuencia, deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, cos códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis (6) meses, que se contará a partir do seguinte ao da presentación da solicitude. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Resoltas as solicitudes e concedidas a axuda, o beneficiario dispón dun prazo máximo de doce meses (12) contados desde a data da notificación da resolución de concesión, para xustificar a realización do investimento requirido para levar a cabo a actuación obxecto de axuda, salvo no caso da actividade 4 (implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos), que contará con dezaoito (18) meses para a xustificación do investimento.

No prazo máximo de seis (6) meses desde a presentación da xustificación por parte do beneficiario, o órgano competente verificará o cumprimento da execución da actuación obxecto de subvención e procederá ao seu pagamento e/ou, no seu caso, á devolución da correspondente garantía.

 

Orzamento dispoñible

Situación orzamentaria das distintas actuacións subvencionables

No Diario Oficial de Galicia nº 64, do 1 de abril  de 2022, publicouse a Orde do 30 de marzo  de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestatarias de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento IF318B).

Con data do 16 de xaneiro de 2023, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 10 a Orde do 9 de xaneiro de 2023, pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022, por un importe total de 7.574.288,47 euros, correspondéndolle á Actividade 1 (Achatarramento de vehículos) unha ampliación de 3.408.429,81 euros;  3.332.686,93 euros para a Actividade 2 (Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono); 378.714,42 euros para a Actividade 3 (Retrofit); 378.714,42 euros para a Actividade 4 (Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos); e 75.742,88 euros para a Actividade 5 (Adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias). Posteriormente, o día 26 de outubro de 2023, foi publicada no Diario Oficial de Galicia nº204 a Orde do 19 de outubro na que se recollía unha segunda ampliación do crédito dispoñible, por un total de 9.074.947,09 € euros, distribuídos da seguinte maneira: 4.083.726,19 € para Actividade 1; 3.992.976,72 € para Actividade 2; 453.747,35 € para Actividade 3; 453.747,35 € para Actividade 4 e 90.749,47 € para Actividade 5.

De conformidade co recollido no apartado 2 do artigo 4 da Orde reguladora das axudas, constatando que quedan menos de tres meses para a finalización da vixencia da convocatoria (o 30 de abril de 2024) e que na actividade 1 (achatarramento) existe lista de espera e o resto das partidas orzamentarias non esgotaron o crédito asignado, acordouse unha redistribución do orzamento a favor da liña de achatarramento, quedando sen efecto as porcentaxes establecidas no artigo 7.4 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro. Os criterios para esta redistribución recóllense na Orde de 6 de marzo de 2024 (DOG nº 54, de 15 de marzo de 2024) e a concreción do importe finalmente asignado á mesma na Resolución de 22 de marzo de 2024.

Actividade 1. Achatarramento

No momento actual, tras a aprobación da redistribución de crédito, o orzamento dispoñible para a actividade de achatarramento quedará esgotado en torno ao expediente IF318B_2023-0272, solicitude presentada en data do 17 de agosto de 2023, podendo variar esta previsión en función de desistencias ou renuncias realizadas polas persoas solicitantes ás que se lles vaia  outorgando a subvención. Aquelas solicitudes presentadas posteriormente a este expediente ás que, cumprindo cos requisitos recolleitos nas bases, non sexa posible darlles cobertura por falta de crédito, entrarán nunha listaxe de reserva provisional, que será atendido por rigorosa orde de entrada (artigo 15 da Orde do 30 de marzo  de 2022) en caso de desistencias, renuncias de solicitudes previas ou eventuais novas ampliacións de crédito.

Resto de actuacións (Actividade 2, 3, 4 e 5)

A citada redistribución do crédito realizouse atendendo ao importe correspondente ao conxunto de solicitudes formuladas para cada unha delas ata o día anterior ao de publicación da Orde do 6 de marzo  de 2024, é dicir, ata o 14 de marzo de 2024. Deste xeito, tendo en conta que as solicitudes formuladas para a actividade 1 superan o importe total dispoñible, aquelas que se presenten con posterioridade ao 14 de marzo de 2024 para calquera das cinco actividades pasarán a unha listaxe de espera común. O prazo de presentación de solicitudes para a actividade 4 (implantación de infraestrutura de recarga) finalizou o 31 de decembro de 2023.

 

Obrigas de publicidade

Os beneficiarios das axudas teñen a obriga de mencionar a orixe deste financiamento e garantir a súa visibilidade, en particular, cando promovan as actuacións subvencionables e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

Toda referencia á actuación obxecto das axudas deberá cumprir cos requisitos que figuren no Manual de imaxe do PRTR.

Conforme ao recollido na letra e), do punto 1, do artigo 20 da Orde do 30 de marzo de 2022, débese informar ao público do apoio obtido dos fondos europeos, facendo unha breve descrición da operación na súa páxina web, no caso de que dispoña dela, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

 

Axudas concedidas

Preguntas frecuentes

Consulte as dúbidas máis habituais en:

 

Normativas relacionadas