A Xunta de Galicia puxo en marcha bonificacións para as persoas usuarias de todos os tramos de pago das autoestradas de peaxe A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57).
Desde o 11 de agosto de 2021 está vixente unha bonificación a familias numerosas do 100% do percorrido de volta.
Tamén desde esa data, ampliouse ás 24 horas seguintes o desconto do 25% na volta e do 50% na segunda volta para os usuarios recorrentes.
Estes incentivos súmanse á bonificación do 50% da peaxe en horario nocturno, que se aplica desde o 1 de outubro de 2019.
Pode consultar a información detallada dos tres tipos de bonificacións:
• Por treito horario nocturno.
Tipo de vehículo | Medio de pagamento | Tipo de bonificación | Condicións do percorrido | Aplicable | Bonificación | |
---|---|---|---|---|---|---|
Todos os vehículos | Bonificación por retorno en 24 horas | Ida e volta en 24 horas | Todos os días do ano, excepto percorridos de ida e volta realizados en domingos e/ou festivos | 1º percorrido | 25% volta | |
2º e ulteriores percorridos | 50% volta | |||||
Bonificación por treito en horario nocturno | Percorridos realizados entre as 00:00 horas e as 06:00 horas | Todos os días do ano | 50% sobre o importe da peaxe vixente | |||
Só vehículos lixeiros | Bonificación por familia numerosa | Ida e volta en 24 horas | Todos os días do ano | 100% volta | ||