Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO 2022

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 23 xaneiro 2023

Esgotamento do crédito Orde Eurotaxi 2022

Ao abeiro do establecido no artigo 5.4.1 da Orde do 15 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi Eco, e se convocan para o exercicio 2022, infórmase de que, unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a última solicitude á que se puido conceder a axuda antes do esgotamento total do crédito na liña Eurotaxi foi a IF303A-0107/2022 presentada na sede electrónica o día 22/02/2022 ás 11:02:49 h, na liña de vehículos Eco foi a IF303A-0094/2022 presentada na sede electrónica o día 09/02/2022 ás 13:56:13 h e na liña de vehículos emisións cero foi a IF303A-0113/2022 presentada na sede electrónica o día 25/02/2022 ás 19:54:42 h. Xa que logo, infórmase do peche adiantado do prazo para a presentación de solicitudes nos termos establecidos na orde nas anteditas liñas.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, na orde de convocatoria establécese que as solicitudes que se presenten unha vez esgotado o crédito, de ser o caso, quedarán nunha lista de agarda e serán admitidas a trámite na medida na que exista crédito para poder atendelas.

Documentos relacionados