Decreto 100/2021, do 24 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de estradas da Rede autonómica de estradas de Galicia

Compártao :

Compartir
Data de publicación oficial: 08 xullo 2021
Data de publicación no Portal: 13 xullo 2021
Observacións:

Disposición que queda derrogada por ese Decreto:

  • Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

O catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia é o instrumento público que serve para identificar, inventariar e clasificar e, se fora o caso, categorizar funcionalmente as estradas das redes de cada administración titular. Polo tanto, este catálogo contén a clasificación técnica das estradas autonómicas, a súa identificación e denominación, os puntos inicial e final de cada un dos treitos que a constitúen e a súa respectiva lonxitude, así como a súa representación gráfica. Ademais, categoriza funcionalmente as estradas autonómicas nas categorías establecidas no artigo 32 do Regulamento xeral de estradas de Galicia aprobado por Decreto 66/2016, do 26 de maio: rede estruturante, rede complementaria e rede local.

Rango legal: Decreto
Tipo de normativa: Ordenación
Estado: Vixente
Orixe: Autonómica

Documento/s relacionados

Ligazóns relacionadas