Plan de seguridade viaria de Galicia

O Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta de Galicia, que foi elaborado coa colaboración da Asociación Española de la Carretera (AEC), ten como obxectivo principal obter unha taxa de 34 falecidos en accidente de tráfico por millón de habitantes no ano 2020.

Compártao :

Compartir
...

Este novo plan dá continuidade ao anterior, que abarcaba o período 2011-2015, e foi elaborado cunha alta participación, posto que foi tratado na Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridad Viaria onde están representadas todas as Administracións con competencias na xestión de infraestruturas viarias en Galicia, a DGT e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, ademais de contar coa implicación das distintas Consellerías da Xunta de Galicia e coa participación de diferentes axentes sociais.

O Plan de Seguridad Viaria de Galicia 2016-2020 desenvolve medidas e accións englobadas dentro dos 5 obxectivos estratéxicos, en consonancia co establecido no Plan Mundial de Acción para a seguridade viaria para o Decenio 2011-2020: Xestión da seguridade viaria, vías de tránsito e mobilidade máis seguras, vehículos máis seguros, usuarios de vías de tránsito máis seguros e resposta tras os accidentes.

Documentos relacionados