Plan de seguridade viaria de Galicia

Compártao :

Compartir

Logo de rematada a vixencia do "Plan de seguridade viaria 2016-2020", entrará en vigor o novo "Plan de seguridade viaria 2022-2025".

O lema que informa o novo "Plan de seguridade viaria 2022-2025" é o da “Visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o Plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico. 

Neste proceso de elaboración do plan é moi importante a participación da sociedade. Por iso, antes de dar por rematado o documento, pónse a disposición nesta páxina o borrador do "Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025", abríndose un prazo para a remisión das achegas ou opinións que se consideren oportunas por parte da cidadanía.

Prazo para remitir achegas/opinións: 07/12/2021 – 22/12/2021

Forma de remitir achegas/opinións: pode achegalas por correo electrónico á seguinte dirección de correo apisv.axi@xunta.gal, poñendo no asunto "Borrador do Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025". Tamén pode remitilas a:

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Axencia Galega de Infraestruturas
Edificios Administrativos San Caetano, 5
15781 Santiago de Compostela 

Documentos relacionados
  • Borrador do "Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025"
  • Informe de seguimento do "Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020"
  • Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020
  • Instrución do 17 de xuño de 2010 pola que se desenvolve o anexo de seguridade viaria
  • Campaña de seguridade viaria para nenos de 6-8 anos "O corazón está do teu lado". Libro de unidades didácticas
  • Campaña de seguridade viaria para nenos de 6-8 anos "O corazón está do teu lado". Libro-guía do profesorado