Ao abeiro do establecido no artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de Medidas Urxentes para a Actualización do Sistema de Transporte Público de Galicia, a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia redactou o Plan de Transporte Público de Galicia para a actualización do sistema de transporte público de Comunidade Autónoma, que se configura como o instrumento mediante o que se establece a ordenación dos servizos de transporte público regular de competencia da Comunidade Autónoma, así como a coordinación do conxunto de servizos de transporte público que se desenvolvan no seu ámbito territorial.
Segundo o previsto na Lei 10/2016, o Plan de Transporte Público de Galicia concreta a rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia, establecendo:
Para iso, a partir do obxectivo xeral do Plan de Transporte Público de Galicia, que non é outro que acadar un modelo de transporte público por estrada sostible e eficiente, que se adapte mellor ás necesidades da cidadanía de Galicia, a través dos diferentes apartados que compoñen este documento desenvólvense uns obxectivos máis específicos que, seguindo o indicado na Lei 10/2016, son os seguintes:
Así, ao longo dos diferentes apartados que compoñen o documento, desenvólvese o contido do Plan de Transporte Público de Galicia, incluíndo, segundo ven recollido no Anexo da Lei 10/2016, os seguintes aspectos:
No documento tamén se resume a tramitación que se levou a cabo ata acadar a aprobación definitiva deste Plan de Transporte Público de Galicia, así como a que será necesaria para a aprobación dos Proxectos de Explotación a través dos que se desenvolverá posteriormente, definindo, de xeito simplificado, o contido destes últimos.
O documento propiamente dito iníciase cunha introdución na que se explican os motivos que implicaron a necesidade de desenvolver este Plan de Transporte Público de Galicia, e, tras expor o obxecto e contido do documento, realízase unha exposición moi debullada do conxunto de antecedentes que levaron ata el e desenvólvense os seus obxectivos e liñas estratéxicas.
A continuación, faise unha análise da situación actual do sector, que ven condicionada fundamentalmente polo marco territorial e polas dinámicas demográficas da Comunidade Autónoma de Galicia. A conclusión desa análise, reproducida aquí de xeito resumido, é que a continua concentración da poboación en torno a un pequeno número de cidades, ao tempo que se produce un progresivo despoboamento das zonas interiores, provocan un dobre reto para o deseño dunha rede de transporte público eficaz, que responda ás necesidades da cidadanía, como eficiente no que á asignación dos recursos públicos se refire:
No documento tamén se fai unha análise tanto da rede de transportes sobre a que se desenvolve o sistema como do propio sistema actual de transporte regular de viaxeiros por estrada, analizando diferentes estatísticas deste.
Iso da lugar á desenvolvemento dos diferentes programas que compoñen o Plan de Transporte Público de Galicia, que son os seguintes:
Aínda que todos estes programas se desenvolven dun xeito completo ao longo deste documento, considérase adecuado poñer de manifesto a clara aposta que fai o Plan de Transporte Público de Galicia, derivada do propio conxunto dos seus obxectivos, polo fomento do transporte público como parte das políticas sociais da Xunta de Galicia e que, en consecuencia, materialízase nunha serie de aspectos que conforman o seu programa social, que se desenvolve a través de diferentes iniciativas.
Nese sentido, e en liña coa 11ª resolución aprobada polo Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 9 de outubro de 2018, no marco do debate anual de política xeral, o Plan de Transporte Público de Galicia prevé unha atención prioritaria ao ámbito rural, garantindo a atención ás zonas con poboación máis dispersa, contando para iso coa colaboración dos concellos e as deputacións provinciais, permitindo a execución dunha serie de medidas como a implantación dunha área de transporte única que permita estender a toda Galicia os beneficios das tarxetas TMG e Xente Nova, ao tempo que se garante a prestación de servizos axeitados a cada zona, evitando a circulación de vehículos baleiros ao tempo que se atende ao maior territorio posible aproveitando os beneficios de novas modalidades como o transporte compartido ou o transporte baixo demanda, garantindo, neste último caso, un funcionamento do sistema acaído ao perfil e ás necesidades das súas persoas usuarias.
Outro dos eixos polos que aposta como parte do programa social do Plan de Transporte Público de Galicia é o de garantir e mellorar as condicións de traballo no sector, a través de mecanismos como a obriga de subrogación do persoal ou a potencición da súa formación.
O documento base do Plan de Transporte Público de Galicia foi sometido a información pública por un prazo de 20 días hábiles, e logo da análise e resposta das alegacións recibidades e da incorporación dos cambios derivados daquelas alegacións que foron estimadas, foi sometido ao informe do Consello Galego de Transportes, segundo o establecido no apartado 3 do artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de Medidas Urxentes para a Actualización do Sistema de Transporte Público de Galicia. O Plan de Transporte Público de Galicia tamén foi sometido ao informe da Dirección Xeral de Orzamentos e Planificación da Consellería de Facenda, ao abeiro do establecido no apartado 3 do artigo 12 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de Medidas Fiscais e Administrativas.
Finalmente, segundo o indicado no apartado 3 do artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de Medidas Urxentes para a Actualización do Sistema de Transporte Público de Galicia, o Plan de Transporte Público de Galicia foi aprobado, logo de deliberación, polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de novembro de 2018.