De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda elaborou dous anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, que serán obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.
Logo da súa tramitación e sometemento a información pública, e logo da súa aprobación, acorda publicar na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda os ditos proxectos de explotación dos servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral XG516 e XG517.
Por outra banda, a efectos informativos, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá publicidade aos pregos de contratación que rexerán o procedemento de licitación.
Codigo Proxecto | Denominación do Proxecto |
Lugo-Lalín-Pontevedra-Vigo, con anexos | |
A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo-Fisterra, con anexos |
Publícase a información contida nos anexos dos proxectos en formato editable, á cal poderá acceder mediante a súa descarga nos enlaces inferiores ("documentos relacionados"). No caso de discrepancia,considerarase correcta a información publicada nos proxectos en formato.pdf.