CMATI

|
|
|
Compartir

Información pública do Anexo do Plan de Transporte Público de Galicia

O Plan de Transporte Público de Galicia foi aprobado, logo de deliberación, polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de novembro de 2018.
 
Posteriormente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade elaborou unha modificación do antedito Plan de Transporte Público de Galicia, mediante a incorporación a el dun anexo relativo á Área de Transporte de Galicia, e cuxo documento base foi redactado pola Dirección Xeral de Mobilidade.
 
Así, ao abeiro do previsto no primeiro parágrafo do apartado 3 do artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sométese a información pública o documento base do Anexo do Plan de Transporte Público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e formular as alegacións que estime pertinentes, que deberán ser remitidas á Dirección Xeral de Mobilidade.
 
O documento estará dispoñible para a súa consulta neste stitio web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Documento/s relacionados
  • Documento base do Anexo do Plan de Transporte Público de Galicia Descargar