Con data 13 de xuño de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que se someten a información pública, ao abeiro do apartado 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación, por un prazo de dez (10) días hábiles, dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da antedita resolución no Diario Oficial de Galicia, os proxectos seguintes:
- XG-603 / Comarca de Terra de Celanova.
- XG-630 / Norte e Leste da comarca de Noia.
- XG-686 / Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor.
Durante o citado prazo, as persoas interesadas que o consideren oportuno, poderán formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.
A documentación completa de todos os proxectos de explotación aos que se refire o antedito anuncio estará á disposición de todas as persoas interesadas, nesta dirección web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Código | Denominación | ANTEPROXECTO | ANEXOS |
XG-603 | Comarca de Terra de Celanova | Descargar anteproxecto | Descargar anexos |
XG-630 | Norte e leste da comarca de Noia | Descargar anteproxecto | Descargar anexos |
XG-686 | Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor | Descargar anteproxecto | Descargar anexos |