O transporte público de viaxeiros abarca varios subsectores e diferentes modalidades de prestación de servizos
- Transporte en autobús.
- Transporte en taxi.
Os autobuses prestan tres tipos fundamentais de servizos:
- Discrecionais contratados por vehículo completo e sen periodicidade nin regularidade. Exemplo típico, as excursións.
- Regulares de uso especial contratados por vehículo completo por un só contratante/pagador do servizo e para un grupo homoxéneo e fixo de usuarios que se trasladan a un centro común de estudos, traballo ou doutra índole. Caso típico, o transporte de escolares que en Galicia alcanza unha entidade sen parangón con outras Comunidades Autónomas como demostra o feito de que cun orzamento de 85,2 millóns de Euros (14.716 millóns de pts.) sexa con diferenza a Comunidade que máis fondos públicos dedica a estes servizos.
O orzamento para o curso vixente que creceu un 8,1% respecto ao do curso anterior tan só se refire aos centros públicos e privados concertados nos niveis de educación obrigatoria, e financia o traslado de 133.500 estudantes en 2.441 autobuses cun percorrido medio diario de máis de 100.000 km. - Regulares de uso xeral. Os que presta un operador en réxime de monopolio en virtude dunha concesión, para trasladar a usuarios indeterminados (uso xeral) a través de itinerarios, calendario e horarios predeterminados (regular) pola Administración que, así mesmo determina todos os aspectos de servizo desde a tarifa ata as características dos vehículos.
Galicia presenta unha rede moi tupida de concesións que practicamente chega a todos os núcleos de poboación en base a un sistema concesional que abarca:
- Nº Concesións: 154
- N. Itinerarios: 1.372
- Nº Paradas: 8.310
- Vehículos adscritos: 2.597
- Expedicións/ano: 1.907.008
- Kms/bus ano: 92.246.170
- Viaxeiros/ano: 457.363.144
- Total de usuarios: 22.900.966
- Total de kms: 51.069.939,9
Isto supón que a media diaria de servizos de transporte é de 4.481, ou que cada día os vehículos adscritos a servizos concesionais percorren 114.403 Km. e trasladan a 120.996 viaxeiros, todo isto sen contar, é obvio, cos transportes urbanos de competencia dos Concellos.