Como titular ou representando unha empresa dedicada ao transporte de viaxeiros, pode solicitar da Xunta de Galicia a concesión administrativa dun servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.
A duración da concesión establecerase no título concesional, de acordo coas características de servizo e atendendo aos prazos de amortización dos vehículos e instalacións. Nunca será inferior a oito anos, nin superior a vinte. O outorgamento da concesión realizarase por concurso.
Creación dunha nova concesión e outorgamento a un concesionario a través de:
Solicitude e documentación necesaria (19 Kb)
Novación do concesionario. Cambio de titularidade de concesións de servicios públicos de transportes. Solicitude e documentación necesaria (19 Kb)
Cambios nas concesións que poden afectar a tráficos, condicións de explotación, paradas, liñas, expedicións, calendario ou horarios. Solicitude e documentación necesaria (19 Kb)
Realización conxunta de servizos por parte de dúas ou máis concesións e concesionarios independentes. Solicitude e documentación necesaria
Autorización para asignar vehículos a unha concesión ou modificar as condicións destas. Solicitude e documentación necesaria
Actualización ordinaria de tarifas dunha concesión ou revisión extraordinaria da tarifa dunha concesión. Solicitude e documentación necesaria (82 Kb)