A terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela é unha operación promovida pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a través da Dirección Xeral de Mobilidade e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático OT4 “Conseguir unha economía máis limpa e sostible”.
A actuación consiste na execución dunha nova estación de autobuses en terreos anexos á actual estación de ferrocarril de Santiago de Compostela de maneira que ambas estacións formen unha estación intermodal que integre o transporte público de viaxeiros en autobús co transporte público de viaxeiros en ferrocarril na cidade de Santiago de Compostela.
Os obxectivos perseguidos con esta actuación son:
- Mellorar a calidade ambiental ao potenciar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible:
- Incrementar os usuarios do transporte público.
Actuacións desenvolvidas ata agora no marco desta operación:
- Contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 42.108,00 €
• Data de comezo: Xuño 2015
• Data de remate: Outubro 2015
• Financiado con fondos da comunidade autónoma.
- Contrato de servizo para a redacción dos proxectos básicos e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 233.467,96€
• Data de comezo: Abril 2016
• Data de remate: Decembro 2017
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Contrato de servizo para a redacción do proxecto público de urxencia ou excepcional interese da estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 21.175,€
• Data de comezo: Febreiro 2017
• Data de remate: Outubro 2017
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Contrato de servizo para a redacción do documento ambiental do proxecto integrado para a nova estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 12.562,05€
• Data de comezo: Marzo 2017
• Data de remate: Xullo 2017
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Contrato de obra para a execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 9.593.543,72€
• Data de comezo: Xuño 2018
• Data de remate: En execución
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Contrato de servizo de dirección de obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 131.890,00€
• Data de comezo: Xuño 2018
• Data de remate: En execución
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Contrato de servizo de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde para a execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 145.200,00€
• Data de comezo: Xuño 2018
• Data de remate: En execución
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020