TERMINAL DE AUTOBUSES INTEGRADA NA ESTACIÓN INTERMODAL DE OURENSE A terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense é unha operación promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Mobilidade e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático OT4 “Conseguir unha economía máis limpa e sostible”. | |
A actuación a desenvolver consiste na execución dunha nova estación de autobuses en terreos anexos á actual estación de ferrocarril de Ourense de maneira que ambas estacións xuntas conformen unha estación intermodal que integre o transporte público de viaxeiros en autobús con transporte público de viaxeiros en ferrocarril na cidade de Ourense.
Os obxectivos perseguidos con esta actuación son:
- Mellorar a calidade ambiental ao potenciar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible.
- Incrementar os usuarios do transporte público.
Actuacións desenvolvidas ata o de agora no marco desta operación:
- Contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 38.107,64 €
• Data de comezo: 06/08/2015
• Data de remate: 06/12/2015
• Financiado con fondos da comunidade autónoma.
- Contrato de servizo para a redacción dos proxectos básicos e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense
• Data de licitación: 30/12/2015
• Presuposto base de licitación (IVE incluído): 147.756,91 €
• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 103.577,60 €
• Data de comezo: 30/03/2016
• Data de remate: 30/12/2016
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020.
- Servizo de asistencia técnica para a redacción dos estudos previos de proxecto de "Obras dun novo aparcadoiro de turismos integrado na nova estación intermodal de Ourense"
• Presuposto base de licitación (IVE incluido): 21.677,69€
• Presuposto base de adxudicación (IVE incluido): 12.302,80€
• Data de comezo: 05/10/2016
• Data de remate: 05/10/2016
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020.