TERMINAL DE AUTOBUSES INTEGRADA NA ESTACIÓN INTERMODAL DA CORUÑA-SAN CRISTÓBAL. A terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristóbal é unha operación promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Mobilidade e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático OT4 “Conseguir unha economía máis limpa e sostible”. | |
A actuación a desenvolver consiste na execución dunha nova estación de autobuses en terreos anexos á actual estación de ferrocarril da Coruña - San Cristóbal de maneira que ambas estacións xuntas conformen unha estación intermodal que integre o transporte público de viaxeiros en autobús co transporte público de viaxeiros en ferrocarril na cidade da Coruña.
Os obxectivos perseguidos con esta actuación son:
- Mellorar a calidade ambiental ao potenciar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible.
- Incrementar os usuarios do transporte público.
Actuacións desenvolvidas ata o de agora no marco desta operación:
- Contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristóbal.
• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 29.105,34 €
• Data de comezo: 19/06/2015
• Data de remate: 18/12/2015
• Financiado con fondos da comunidade autónoma.
- Contrato de servizo para a redacción dos proxectos básicos e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristóbal.
• Data de licitación: 31/03/2016
• Presuposto base de licitación (IVE incluído): 599.993,52 €
• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 417.595,46 €
• Data de comezo: 10/08/2016
• Data de remate: 10/08/2017
• Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020