CMATI

|
|
|
Compartir

OBXECTO DAS AXUDAS

Co obxecto destas axudas preténdese que os titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N adquiran vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducidada (Eurotaxi).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO ORDE EUROTAXI 2019

Ao abeiro do establecido no artigo 5.4 da Orde do 26 de novembro de 2018, pola  que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con Mobilidade reducida (Eurotaxi), e se convocan para o exercicio 2019, INFÓRMASE de que con data do 02/04/2019 hai constatadas 25 solicitudes admitidas a trámite. Xa que logo INFÓRMASE DO PECHE ADIANTADO DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NOS TERMOS ESTABLECIDOS NA ORDE.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, na orde de convocatoria establécese que as solicitudes que se presenten unha vez esgotado o crédito, de ser o caso, quedarán nunha situación de espera e serán admitidas a trámite na medida na que exista crédito para poder atendelas.