Nesta páxina recóllense os arquivos co cálculo dos coeficientes de densidade de poboación "Cd", por concello e ano, aplicables á base impoñible para obter a tarifa anual dun ano concreto da taxa derivada polo aproveitamento especial do dominio público viario.
Este cálculo do "Cd" anual faise conforme:
- ás cifras de poboación por concello a 1 de xaneiro do ano anterior ao devengo da taxa segundo a declaración oficial realizada por Real Decreto e publicadas polo "Instituto Nacional de Estatística" (INE). Estes datos atópanse no tema de Demografía e población e no subapartado Padrón poboación por municipios.
- ás cifras de superficie por concello (a data da publicación do Real Decreto referido no parágrafo anterior) e publicadas polo "Instituto Geográfico Nacional" (IGN) a través do seu centro de descargas do "Centro Nacional de Información Geográfica" (CNIG). Estes datos atópanse no apartado de Información xeográfica de referencia e no subapartado de Nomenclator xeográfico de municipios e entidades de poboación.
Os arquivos relacionados son:
- Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa 2021 da taxa de aproveitamento especial. Descargar (167 Kb)
- Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa 2020 da taxa de aproveitamento especial. Descargar (166 Kb)
- Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa 2019 da taxa de aproveitamento especial. Descargar (159 Kb)
- Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa 2018 da taxa de aproveitamento especial. Descargar (159 Kb)
- Coeficientes de densidade de poboación aplicables á tarifa 2017 da taxa de aproveitamento especial. Descargar (118 Kb)