CMATI

|
|
|
Compartir

Procura de normativa e criterios técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas

Pode consultar máis normativa técnica relacionada coa Axencia Galega de Infraestruturas no seguinte buscador de normativa.

Pode consultar a normativa técnica do ministerio competente en materia de estradas nesta ligazón.

---

Nota sobre a aplicablilidade da normativa técnica do Ministerio de Fomento nas estradas autonómicas e das entidades locais de Galicia:

A Disposición Transitoria 3ª da Lei 8/2013 de Estradas de Galicia "normativa de aplicación supletoria", di:

Naqueles aspectos que non se regulen pola normativa técnica básica de interese xeral establecida pola Administración xeral do Estado e nos que por parte da consellaría competente en materia de estradas non se ditasen normas ou instrucións complementarias relativas á execución de obras de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galicia serán aplicables as aprobadas polo Ministerio de Fomento para as estradas da rede de estradas do Estado, no que non se opoñan a esta lei ou ao seu regulamento.