As Instrucións de Redacción de Proxectos sistematizan o procedemento a seguir para a redacción dos estudos e proxectos promovidos pola Axencia Galega de Infraestruturas.
Trátase dunha regulación dos aspectos formais, dos contidos mínimos e do nivel de profundidade a acadar nos diferentes tipos de estudos e proxectos, así como nos documentos que os compoñen.
Á súa vez, detallan unha relación de prescricións que, se ben non están reguladas en ningún documento de carácter obrigatorio, foron establecidos como criterios de deseño pola Axencia Galega de Infraestruturas.