O obxectivo básico do vixente Plan de Aforos é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas da rede, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.
Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co Plan de Aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.
Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato digital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.
Hai dúas posibilidades de descargar esta edición dixital desde esta páxina web:
- Afoxun 2019 (zip) Descargar (221,3 Mb)
- Memoria de tráfico do ano 2019 (formato PDF) Descargar (60,1 Mb)
Histórico de versións anteriores publicadas:
- Afoxun 2018 (zip) Descargar (370,0 Mb)
- Memoria de tráfico do ano 2018 (formato PDF) Descargar (54,7 Mb)