CMATI

|
|
|
Compartir

Expedientes Infraestruturas

SUSPENSIÓN DE PRAZOS ADMINISTRATIVOS A PARTIR DO DÍA 14 DE MARZO DE 2020

Suspéndense os prazos administrativos a partir do día 14 de marzo de 2020, data en que entra en vigor o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e que deberá ser tido en conta no cómputo dos prazos de información pública.

Disposición adicional terceira. Suspensión de prazos administrativos.
1. Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
2. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
3. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.
4. A presente disposición non afectará ós procedementos e resolucións aos que fai referencia o apartado primeiro, cando estes veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma.

Estado:
Provincia:
Concello:
Subir