CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivo Temático 4. Sendas Peonís e de Ciclistas

Obxectivo Temático 4: Sendas Peonís e de Ciclistas

 

 Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 4, obxectivo específico OE.4.5.1

  • Co obxectivo temático nº 4 preténdese reducir o uso do automóvil/transporte individual nos desprazamentos, medio de transporte mais contaminante en cantidade e calidade, promovendo o transporte coletivo, a intermodalidade, e o transporte ciclista e peonil.
  • No obxectivo específico OE.4.5.1 actúase dentro da prioridade de investimento 4e con sendas peonís e ciclistas. Con estas actuacións trátase de fomentar a mobilidade urbana sustentable deseñando carrís para bicicletas e camiños peonís no marco da Estratexia rexional de mobilidade alternativa e como desenvolvemento do Plan MOVE. Estas actuacións contribuirán a desenvolver un territorio intercomunicado cunha rede de vías de mobilidade alternativa (non motorizada) ao vehículo privado, coas importantes melloras ambientais derivadas, incrementando o número de usuarios de sistemas de transporte non contaminantes e implementando na comunidade unha maior sensibilización en relación á produción de gases de efecto invernadoiro,especialmente o CO2.

A continuación recollense nunha ficha as distintas actuacións relacionadas co obxectivo específico OE.4.5.1.

 

Descargar ficha.