CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivo Temático 3: Vial de conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. Treito: A-52 - N-525

Obxectivo Temático 3: Vial de conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. Treito: A-52 - N-525.

 

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 3, obxectivo específico OE.3.4.3

  • No obxectivo temático nº 3 preténdese facilitar a posta en marcha, consolidación e crecemento de empresas da comarca de Ourense ao proporcionar conexións entre centros loxísticos e redes de transporte europeas.
  • No obxectivo específico OE.3.4.3 (prioridade 3d), preténdese aumentar a presenza en mercados exteriores das PEMEs galegas para posibilitar o seu crecemento e mellorar a súa competitividade.
  • No marco do desenvolvemento da plataforma loxística de San Cibrao, proponse unha conexión por estrada entre o centro loxístico coa autovía A-52 (RTE-T). Esta actuación está recollida no Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia e é un last mile.

 

  A continuación achégase unha ficha desta actuación financiada con fondos europeos.

Ligazón á ficha do vial de conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. Treito: A-52 - N-525

 

Na sección de ligazóns desta páxina achégase para a súa descarga, dividido en dúas partes, o proxecto construtivo do vial de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52 - N-525.

 Así mesmo achégase un video-presentación con animación dixital do citado vial, dispoñible no seguinte enlace.