CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo

A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo exercerá as seguintes funcións:

  • a) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.
  • b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.
  • c) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polos xulgados, tribunais, Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións.
  • d) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, coas unidades da consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.
  • e) Rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as recompilacións e refundicións das normas emanadas desta.
  • f) Coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro.
  • g) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.