CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Funcións e Estrutura da Axencia Galega de Infraestruturas

Á Axencia Galega de Infraestruturas correspóndelle o exercicio das funcións que establece o Decreto 173/2011 (modificado polo Decreto 165/2015 e polo Decreto 37/2017) , entre elas as mais salientables son as seguintes:

  • A elaboración de directrices de coordinación e planificación que garantan a coherencia e funcionalidade das infraestruturas viarias de titularidade da comunidade autónoma.
  • A emisión de informe nos procedementos de aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación do territorio e dos instrumentos de ordenación urbanística que afecten directamente algunha estrada de titularidade autonómica.
  •  A redacción de propostas de normativa e instrucións técnicas e administrativas para as estradas de titularidade autonómica, provincial e municipal.
  • A elaboración, seguimento, supervisión, control e aprobación técnica da planificación operativa dos instrumentos previstos na normativa de ordenación do territorio, así como dos estudos informativos, de impacto ambiental, anteproxectos e proxectos en materia de estradas.
  • A elaboración dos plans, programas de actuación e orzamentos e o seu control e axuste, en relación coas infraestruturas incluídas no ámbito de competencias propio da axencia.
  • A xestión dos expedientes expropiatorios necesarios para a construción ou o establecemento das infraestruturas relativas a materias da súa competencia.
  • A xestión e tramitación de expedientes de contratación administrativa en materias incluídas no ámbito das súas competencias.
  • O estudo e o desenvolvemento de novas técnicas de realización de estradas.
  • A xestión de autorizacións administrativas en materia de instalacións de servizo e concesións de áreas de servizo na área de influencia das estradas de titularidade autonómica.

 

Estrutura Organizativa

Baixo a dependencia directa da Axencia Galega de Infraestruturas existen as seguintes unidades:

1. Área de Contratación e Administración

Conta cos seguintes servizos:

  • 1.1 Servizo de Apoio Administrativo.
  • 1.2 Servizo de Xestión Económica.
  • 1.3 Servizo de Contratación.

2. Área de Planificación e Proxectos.

Conta cos seguintes servizos:

  • 2.1 Servizo de Planificación.
  • 2.2 Servizo de Proxectos.
  • 2.3 Servizo de Supervisión de Proxectos.

3. Área de Construción, Explotación e Seguridade Viaria.

Conta cos seguintes servizos:

  • 3.1 Servizo de Obra Civil.
  • 3.2 Servizo de Edificación.
  • 3.3 Servizo de Concesións de Obra Pública.
  • 3.4 Servizo de Conservación.
  • 3.5 Servizo de Explotación e Seguridade Viaria.

Servizos Territoriais

  • 1 Servizo de Infraestruturas de A Coruña.
  • 2 Servizo de Infraestruturas de Lugo.
  • 3 Servizo de Infraestruturas de Ourense.
  • 4 Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

 

Documento/s relacionados
  • Organigrama da Axencia Galega de Infraestruturas Descargar