Transporte regular temporal a praias

Compártao :

Compartir

Se vostede é transportista e quere dedicarse ao transporte regular temporal de viaxeiros/as durante o período estival con destino a praias nos fins de semana, ou periodicidade superior para praias próximas con menos de 40 Km de percorrido, sempre que o seu percorrido discorra integramente dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá obter a oportuna autorización da Dirección Xeral de Mobilidade.

Solicitude de autorización e prórroga de transporte regular temporal a praias

Obtención da autorización de transporte regular temporal a praias. O prazo de vixencia desta autorización coincidirá con período estival, podendo prorrogarse ata un máximo de cinco períodos estivais.

Os transportistas que obteñan autorización da Dirección Xeral de Mobilidade para dedicarse ao transporte regular de viaxeiros/as durante o período estival con destino a praias, deberán solicitar, para continuar con esta actividade, prórroga da devandita autorización por un tempo máximo de cinco períodos estivais.

Prórroga de transporte regular temporal a praias
.