Transporte escolar e de obreiros/as

Compártao :

Compartir

Se vostede é transportista particular ou representa unha sociedade de transportes que se quere dedicar ao transporte de estudantes, alumnado de educación especial ou de produtores/as, desde os seus lugares de residencia aos centros nos que desenvolvan a súa actividade, dentro do ámbito territorial de Galicia, debe solicitar da Xunta de Galicia a oportuna autorización.

Deberá levar sempre a súa autorización no vehículo, ou copia compulsada desta, xunto co libro de reclamacións no que se farán constar todas as que se efectúen.

Solicitude autorización e prórroga transporte escolar e/ou obreiro/a

Obtención da autorización de transporte escolar e/ou de obreiros/as. A autorización terá vixencia durante o curso escolar, ou no caso de transporte de produtores, durante todo o ano. A autorización de transporte escolar e/ou de obreiros/as pode ser prorrogada cando as condicións obxectivas nas que foi autorizado o servizo non experimentasen variacións. Para o efecto de conceder a prórroga, a Administración valorará o cumprimento dos termos do contrato e o grao de satisfacción dos usuarios.