Solicitudes xenéricas

Compártao :

Compartir

Autorizacións de transporte de viaxeiros e mercadorías (tarxetas)

Contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada

  • Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento). Solicitude e documentación
  • Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Incremento anual ordinario ou modificación extraordinaria de tarifas de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Modificación das condicións da explotación dos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación

Autorizacións de transporte público regular de uso especial

  • Autorización de transporte público regular de uso especial (escolar a centros públicos). Solicitude e documentación
  • Autorización de transporte público regular de uso especial (escolar a centros privados, obreiros/as, lugares de lecer, outros). Solicitude e documentación

Dilixenciamento de libros de ruta (VD) e reclamacións (VD, VT)

Dilixenciamento de libros en empresas de transporte e estacións de autobús

Tarxeta tacógrafo dixital

O novo tacógrafo dixital substitúe os discos do tacógrafo analóxico por tarxetas intelixentes baseadas en chips, co tamaño dunha tarxeta de crédito. O chip inclúe un programa que protexe os datos almacenados nel e que permite que a tarxeta se comunique co tacógrafo dixital de forma segura.

Tipos de tarxeta

  • Tarxeta de condutor/a: Identifica ao condutor/a e permite almacenar os datos da súa actividade durante polo menos os últimos 28 días de actividade. As tarxetas españolas terán unha capacidade de polo menos 31 días de actividade. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 451 Kb)
  • Tarxeta de empresa: Identifica á empresa e permite visualizar, imprimir e transferir a información almacenada no tacógrafo e activar e desactivar o bloqueo do tacógrafo. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 357 Kb)
  • Tarxeta de centro de ensaio: Tamén coñecida como Tarxeta de taller, identifica ao titular e permite probar, activar, calibrar e transferir datos do tacógrafo dixital. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 474 Kb)

Códigos que deben utilizarse para cubrir ó pago de taxas

  • Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Código 06)
  • Delegación de A Coruña (Código 10), Lugo (Código 20), Ourense (Código 30), Pontevedra (Código 40)
  • Servizo de Mobilidade (Código 02)
  • Taxa: denominación: Expedición de tarxeta de tacógrafo dixital.  (Código 31.01.13)
    • Tarxeta de condutor
    • Tarxeta de empresa
    • Tarxeta de centro de ensaio

(IMPORTE: 28,88€)