Como titular ou representando unha empresa dedicada ao transporte de viaxeiros/as, pode solicitar da Xunta de Galicia a concesión administrativa dun servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros/as por estrada.
A duración da concesión establecerase no título concesional, de acordo coas características de servizo e atendendo aos prazos de amortización dos vehículos e instalacións. Nunca será inferior a oito anos, nin superior a vinte. O outorgamento da concesión realizarase por concurso.
Outorgamento, segregación ou unificación de concesións
Creación dunha nova concesión e outorgamento a un concesionario a través de:
- Concurso
- Segregación dunha concesión preexistente
- Unificación de concesións preexistentes
Solicitude e documentación necesaria (PDF, 19 Kb)
Cambio de titularidade
Novación do concesionario. Cambio de titularidade de concesións de servicios públicos de transportes. Solicitude e documentación necesaria (PDF, 19 Kb)
Modificación concesional
Cambios nas concesións que poden afectar a tráficos, condicións de explotación, paradas, liñas, expedicións, calendario ou horarios. Solicitude e documentación necesaria (PDF, 19 Kb)
Solapamentos
Realización conxunta de servizos por parte de dúas ou máis concesións e concesionarios independentes. Solicitude e documentación necesaria
Adscrición ou modificación de vehículos
Autorización para asignar vehículos a unha concesión ou modificar as condicións destas. Solicitude e documentación necesaria
Incremento ou modificación extraordinaria de tarifas
Actualización ordinaria de tarifas dunha concesión ou revisión extraordinaria da tarifa dunha concesión. Solicitude e documentación necesaria (PDF, 82 Kb)