Xestor/a de transporte (convocatoria 2022) - 2º Período

Ano da convocatoria: 2022

CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2022. Inscrición

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 22 abril 2022

Ano da convocatoria: 2022

CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2022. Inscrición

Convócanse, para o ano 2022, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor/a de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de viaxeiros, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas na Resolución do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade.

Na convocatoria para este ano 2022 ábrense dous períodos de inscrición:

  • Un primeiro período que vai do 14 de abril ata o 2 de maio
  • Un segundo período que vai dende o 3 de maio ata o 1 de setembro

Prevese que as probas se realicen:

  • Entre o 18 de maio e o 31 de xullo, para as solicitudes que se presenten no primeiro período de inscrición
  • Entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, para as solicitudes que se presenten no segundo período de inscrición

As persoas interesadas poden concorrer indistintamente ao primeiro período, ao segundo ou a ambos.

As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para acceder ás probas, fixados no punto 3 da Resolución do 7 de abril de 2022, poderán presentarse á modalidade de xestor/a de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor/a de transporte para empresas de transporte de viaxeiros por estrada, ou só a unha delas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312A.

As persoas interesadas, deberán axuntar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Xustificante do pago das taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude, agás que sexa aplicable algunha exención legal
  • Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade no caso de que o organismo que realiza tal recoñecemento non dependa da Xunta de Galicia

O ingreso da/s taxa/s deberá facerse en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda, indicando para o efecto os seguintes códigos:

  • Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: código 06
  • Delegación de servizos centrais: código 13
  • Servizo de Mobilidade: código 02
  • Denominación: inscrición nas probas para a obtención da competencia profesional para a actividade de transporte: código 31 01 20
  • Importe da taxa para o ano 2022: 27,31€

As persoas que resulten definitivamente excluídas para realizar as probas, podrán solicitar a devolución da taxa aboada, por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312B.

A devolución deberá solicitarse:

  • Entre o 1 e o 31 de agosto de 2022 para aquelas solicitudes que se presentasen no primeiro período de inscrición
  • E entre o 1 e o 31 de xaneiro de 2023 para as solicitudes que se presentasen no segundo período de inscrición

Unha vez revisadas as solicitudes, aquelas persoas aspirantes que cumpran os requisitos para concorrer ós exames serán convocadas para a súa realización de acordo co que se indica no apartado 9.2 da Resolución do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade.

  • Os/as aspirantes que solicitasen a realización do exame no primeiro período de inscrición, serán convocados entre o 18 de maio e o 31 de xullo, con polo menos 10 días naturais de antelación á data que se lles fixe para a realización do exame, indicándolles o lugar, a data e a hora á que serán chamados/as.
  • Os/as aspirantes que solicitasen a realización do exame no segundo período de inscrición, serán convocados entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, con polo menos 10 días naturais de antelación á data que se lles fixe para a realización do exame, indicándolles o lugar, a data e a hora á que se serán chamados/as. 
    Infórmase que as probas do segundo período prevense realizar ao longo do mes de novembro.

 

Contactos relacionados

  • Teléfono de información

    Teléfono: 881 99 50 53