Conselleiros/as de seguridade (convocatoria 2021)

Ano da convocatoria: 2021

Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2021. Prazo de inscrición

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 26 novembro 2021

Ano da convocatoria: 2021

Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2021. Prazo de inscrición

O 12 de agosto abre o prazo de inscrición para realizar as probas dirixidas á obtención (código IF310A) ou renovación (código IF310B) do certificado de capacitación profesional de conselleiro/a de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.

O prazo remata o 13 de setembro de 2021

Teléfono de información: 981 54 45 54.

Para inscribirse ao exame hai que presentar unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se publican como anexos da resolución de convocatoria, anexo II para obtención e anexo III para renovación, e que están dispoñibles na ligazón que se indica máis abaixo. Tamén é posible inscribirse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxo enlace tamén se recolle máis abaixo.

 

Coa solicitude deberá presentar necesariamente o xustificante de pagar a taxa correspondente. O importe da taxa é de 26,77 euros (inscrición/renovación).

O pagamento pode facerse de dous xeitos diferentes:

1. A través do impreso de autoliquidación “A” ou “AI” en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo "A" pode obtelo en calquera oficina xestora da Xunta de Galicia, non se pode enviar por correo electrónico. O modelo "AI" pode xeralo no enlace que se recolle máis abaixo.

2. De forma telemática, a través da Oficina Virtual Tributaria, podendo optar por:

  • Un pagamento telemático puro, que xeraría un modelo 730 directamente.
  • Un pagamento telemático – presencial, que xeraría un modelo 731. En este caso unha vez xerado o modelo 731, debe acudir ao banco e despois retomar a operación na Oficina Tributaria Virtual (OTV) para xerar o modelo 730.

En calquera caso, os códigos necesarios para pagar a taxa son os seguintes:

  • Consellería de: infraestruturas e Mobilidade código: 06.
  • Delegación de: SS.CC.; código: 13.
  • Servizo de: MOBILIDADE; código: 02.
  • Denominación: dereitos exame conselleiros de seguridade; código: 31 01 20.

Lembre que os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante do pagamento de taxas son os modelos “A”, “AI” e o “730”. A presentación do modelo “731” non é válida como xustificante do pagamento da taxa.

É moi importante que a solicitude vaia asinada pola persoa que pretende acceder ao exame.

Quenda de convocatoria: quenda primera 

Tipo de formación: conselleiros/as de seguridade

Tipo de transporte: mercadorías.