CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O director da Axencia Galega de Infraestruturas traslada o apoio da Xunta ás medidas de seguridade nos pasos de peóns que impulsa o concello de Ribeira

Ribeira (A Coruña), 21 de xuño de 2021.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, trasladou hoxe o apoio da Xunta ás medidas para incrementar a seguridade nos pasos de peóns que está a impulsar o Concello de Ribeira, en liña co recollido no Plan de Seguridade Viaria de Galicia.

Na xornada sobre seguridade viaria que se celebrou esta mañá no municipio, organizada polo propio Concello, Francisco Menéndez resaltou a forte aposta que está a realizar o Goberno galego pola mellora da seguridade nas estradas autonómicas, gañando espazo para as persoas.

Puxo como exemplo a intervención na travesía de Palmeira, que suporá un investimento autonómico de arredor de 2,2 millóns de euros. O obxectivo, dixo, é transformar a estrada autonómica nesa zona, potenciando o calmado de tráfico na travesía, actuando sobre o deseño integral da rúa e logrando que a mobilidade peonil gañe protagonismo.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es