CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de urbanización da travesía da rúa Campo Grande, no concello da Rúa

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2021.-. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do proxecto de reurbanización da travesía rúa Campo Grande, no concello da Rúa.
Estes traballos, adxudicados á empresa E I C Duran, S.L. por importe de máis de 18.000 euros, terán un prazo para a redacción do proxecto de 6 meses.
Trátase de deseñar unha primeira fase de acondicionamento desta travesía da estrada autonómica OU-603, no treito entre a intersección coa rúa Circunvalación, no punto quilométrico 1+450, e a intersección coa travesía Campo Grande – Arnaveca, no punto quilométrico 1+860.
O orzamento estimado pola Xunta para esta intervención na estrada OU-603, que conforma o eixe principal do núcleo urbano da capitalidade do concello da Rúa, suporá un investimento de arredor de 1 M€.
O proxecto obxecto deste contrato incluirá a renovación dos servizos urbanos, entre eles, a iluminación, así como a mellora da accesibilidade nas marxes da estrada e o reforzo da seguridade viaria.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es