CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta e o Concello de Ribeira asinan un convenio de colaboración para a implantación de bonificacións nas viaxes en autobús dentro do municipio

Aplicaranse a todos os veciños usuarios da tarxeta TMG e Xente Nova un desconto de 50 céntimos nas viaxes internas no municipio de Ribeira, quedando o prezo do billete en 85 céntimos

A estes descontos sumaranse bonificacións sociais adicionais, dirixidas a estudantes e pensionistas e a persoas en situación de risco ou emerxencia social do municipio

O Concello de Ribeira destinará un total de 427.000 euros ao financiamento das bonificacións ata 2024

A Xunta prevé implantar antes do verán a gratuidade das viaxes para menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron hoxe por vía telemática o convenio de colaboración para a implantación de bonificacións nas viaxes aos veciños usuarios dos servizos de autobús que se presten dentro deste municipio do Barbanza.

A Xunta e o Concello de Ribeira rubricaron o marco de colaboración que busca fomentar o uso do transporte público e unha mobilidade segura nos servizos que comunican as diferentes parroquias do concello entre si, establecendo distintos tipos de bonificacións para os veciños do municipio, a través do uso da Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) e a tarxeta Xente Nova da Xunta e bonificacións sociais adicionais para diversos colectivos.

Os descontos aplicaranse nos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral que comunican os principais focos de demanda de mobilidade do municipio. Tamén se introducen bonificacións especiais a colectivos específicos como parte da implantación de determinadas medidas de políticas sociais no termo municipal.

Así, os veciños usuarios da tarxeta TMG e da tarxeta Xente Nova da Xunta terán acceso a descontos directos nos desprazamentos en autobús entre as parroquias de Ribeira. En concreto, poderán beneficiarse dun desconto de 0,50 euros na viaxe sobre a tarifa xeral, sendo o importe final que deberán abonar de 0,85 euros.

Ás bonificación de uso xeral, sumaranse outras bonificación sociais. Estes descontos van dirixidos por un lado, aos colectivos de estudantes e pensionistas, e doutro, ás persoas en situación de risco ou emerxencia social do municipio, neste último caso, o custo da viaxe será gratuíto. Para acceder a estas bonificacións sociais os beneficiarios deberán dispoñer tamén da tarxeta TMG ou Xente Nova da Xunta.
 

TMG
Bonificación social
 
Pensionistas
Estudantes
Persoas en emerxencia
Bonificación
0,50 € 
0,15 €
0,25 €
0,85 €
Custo billete
0,85 €/viaxe
0,70
€/viaxe
0,60 €/viaxe
0
€/viaxe

 

Segundo o convenio asinado hoxe, o Concello de Ribeira asume o custo íntegro das bonificacións bonificación xeral e das bonificacións sociais, sendo o custo da utilización da TMG Xente Nova asumida pola Xunta.

Vixencia do convenio

Durante a vixencia deste convenio, de catro anos, ata o 2024, o Concello realizará unha achega estimada en preto 427.000 euros. O acordo poderá ser prorrogado outros catros anos máis.

A Xunta prevé implantar antes do verán a gratuidade das viaxes para os menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es