CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Santo Tomé ao seu paso polo concello de Meis

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo de 1,5 km no percorrido deste río polo lugar do Mosteiro

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída, e no apeo ou podas puntuais de árbores, en caso de perda de estabilidade e risco claro de caída

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Santo Tomé, ao seu paso polo municipio de Meis.

Os traballos que Augas de Galicia está executar coinciden cun tramo deste río, de 1,5 quilómetros de lonxitude, no seu percorrido polo lugar do Mosteiro.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, así como o apeo puntual de árbores ou de podas, en caso de perda de estabilidade e risco claro de caída. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es