CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica a execución das obras de mellora do saneamento no núcleo de Lousada, no concello de Mondoñedo

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 44.000 euros, contan cun prazo de execución de 2 meses

Trátase de resolver os problemas actuais, a causa da orografía en pendente neste núcleo de poboación que impiden unha conexión adecuada das acometidas das vivendas próximas, e acadar un servizo de evacuación de augas residuais

A Xunta achega apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito máis eficiente os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a execución das obras de mellora de saneamento no núcleo de Lousada, no concello de Mondoñedo.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Isidro Otero S.L. por un importe próximo aos 44.000 euros, cun prazo estimado de execución de 2 meses.

A actuación de Augas de Galicia busca resolver os problemas actuais, a causa da orografía en pendente neste núcleo de poboación, que impiden realizar unha conexión adecuada das acometidas das vivendas próximas, e dotar de servizo de evacuación de augas residuais.

As obras incluídas neste proxecto consisten na instalación de 300 metros de tubaxe, así como a reposición de acometidas e modificado do trazado. Ademais, modificarase o trazado de colector de saneamento e colocaranse dúas arquetas de entronque.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficiente os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es