CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica por máis de 1 millóns de euros a mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros á conexión coa A-8, en Lugo

O inicio dos traballos, cun prazo de execución de 6 meses, prevese a finais de agosto

A lonxitude total dos treitos nos que se actuará acada case os 15 km co obxectivo de mellorar as condicións de circulación na AG-64
 

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar, por máis de 1 millón de euros, a execución das obras de rehabilitación de firme na autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso por Lugo, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8.

Esta intervención, adxudicada á empresa OVISA Pavimentos y Obras, S.L.U, conta cun prazo de execución de 6 meses e o obxectivo é iniciar os traballos a finas de agosto.
O obxecto desta actuación é a mellora das condicións de confort e comodidade mediante o reforzo de firme localizado da AG-64, entre os puntos quilométricos 42+500 e 55+900, sendo a lonxitude total dos treitos da actuación de preto de 15 quilómetros.

Máis en concreto, o contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades.

Ademais, como actuacións complementarias executarase o repintado da sinalización horizontal e unha mellora puntual da drenaxe. Tamén se reporá a sinalización vertical na estrada LU-540.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es