CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, no Pino e en Frades

As tarefas están a desenvolverse nas contornas da praia fluvial A Presa e da área recreativa Os Pasos-Aiazo

As actuacións céntranse na retirada de árbores e de madeira morta na canle

Augas de Galicia mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, nos concellos do Pino e Frades.

Estas tarefas lévanse a cabo na contorna da praia fluvial A Presa, nas parroquias de Ledoira e Pastor, e na zona da área recreativa Os Pasos-Aiazo, nas parroquias de Aiazo e Lardeiros, nos concellos do Pino e de Frades.

Os traballos consistirán na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es