CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Un total de dezaoito empresas presentan as súas ofertas para a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas nas estradas de titularidade da Xunta

A intervención busca incrementar a seguridade nos traxectos habituais dos ciclistas deportivos e está previsto que os traballos se inicien este mesmo verán

Actuarase en 10 percorridos das vías autonómicas das catro provincias nas que se colocarán máis de 300 sinais e paneis para alertar da presenza dos ciclistas, prestando un especial esforzo ao mantemento das beiravías

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2020.- Un total de dezaoito empresas veñen de presentar as súas ofertas para acometer os traballos de sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas na rede de estradas autonómicas de titularidade da Xunta.

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por un importe de 220.000 euros e persegue incrementar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos. O obxectivo é poder iniciar os traballos este verán.

Trátase de intervencións en 10 percorridos por estradas autonómicas das catro provincias nas que se colocarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas, e nas que se prestará un especial esforzo o mantemento das beiravías.

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas a colectivo.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como esta van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es