CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Adíase o inicio da distribución da tarxeta 'Xente Nova' na provincia de Ourense e na área de Pontevedra

A Xunta e a entidade financeira Abanca acordaron pospoñer ata o remate da emerxencia sanitaria a emisión dos dispositivos prevista para a ampliación territorial da gratuidade do transporte público para menores de 21 anos

A distribución iniciarase no momento que deixen de ser de aplicación as medidas de prevención establecidas en relación co COVID-19

A medida ten por obxectivo evitar no posible a asistencia e a concentración de cidadáns ás oficinas bancarias

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020.- A Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca acordaron adiar o inicio da distribución da tarxeta “Xente Nova” na provincia de Ourense e na área de Pontevedra e inicialmente programada para mañá día 17 de marzo. Queda así adiada ata o remate da emerxencia sanitaria a emisión destes dispositivos, prevista para facer posible a ampliación territorial da gratuidade do transporte público para menores de 21 anos.
Por mor da excepcional situación e debido ás restricións establecidas na mobilidade da poboación a causa do COVID-19, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a entidade financeira Abanca acordaron adoptar esta medida ata que deixen de ser de aplicación as medidas de prevención.
A medida ten por obxectivo evitar no posible a asistencia e a concentración de cidadáns ás oficinas bancarias, primando a saúde das persoas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es