CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta trasládalles ás Federacións de Transporte de Pasaxeiros as medidas de prevención fronte ao Coronavirus nos servizos colectivos

Solicítase que todos os vehículos porten carteis informativos sobre as medidas preventivas

Desaconséllase o uso do transporte público por parte de embarazadas, usuarios con síntomas de afección respiratoria, persoas vulnerables ou que teñan persoas vulnerables no seu entorno próximo

Os servizos de autobús compartido pasarán a prestarse con condicións de días non lectivos mentres dure a suspensión da actividade docente

Santiago, 13 de marzo de 2020.- A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe ás federacións de transporte de pasaxeiros de Galicia as medidas de prevención contra o coronavirus nos servizos colectivos. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro cun representante de cada unha das 4 patronais que agrupan as empresas do sector en Galicia: Fegatravi, Transcagar, Fegabús e Anetra.

Na xuntanza, detallouse o protocolo de medidas de prevención establecido para os servizos de transporte colectivo de pasaxeiros.

Estas medidas inciden especialmente na limpeza e desinfección continua das instalacións e dos vehículos e se estenden aos servizos de transporte por estrada, marítimo e aéreo.

A Xunta solicita que todos os vehículos porten carteis informativos sobre as medidas preventivas xerais dos cidadáns fronte ao coronavirus e sobre as específicas para os usuarios do transporte público.

Desaconséllase o uso do transporte público por parte de embarazadas, usuarios con síntomas de afección respiratoria, persoas vulnerables ou que teñan persoas vulnerables no seu entorno próximo.

Na reunión trasladouse, ademais, que os servizos de autobús compartido pasarán a prestarse nas condicións establecidas para os días non lectivos durante o período que dure a suspensión da actividade docente.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es