CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Infraestruturas saca a licitación o proxecto da nova senda de Pardavila na PO-313 en Marín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou esta mañá esta estrada, destacando que se trata dunha senda de dous quilómetros pola marxe esquerda desta estrada autonómica, dende a saída de Marín e conectando coas beirarrúas existentes ata Pardavila, unha vez pasado o enlace da variante de Marín

Os traballos prevén tamén a construción dunha pequena plataforma para salvar o rego ao comezo desta vía e outras obras complementarias necesarias para a senda, como unha nova rede de drenaxe e a mellora da intersección cun carril central e un cambio de sentido

O orzamento superará os 715.000 euros

A Xunta, sumando o Plan de Sendas de Galicia, que recolle a execución de 4 itinerarios sostibles neste municipo; a eliminación de ‘puntos negros’; e a mellora da rúa Concepción Arenal está a mobilizar máis de 5 M€ para incrementar a seguridade viaria en máis de 8 km de estradas de Marín.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a PO-313 en Marín, para anunciar a licitación da nova senda peonil e ciclista de Pardavila.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Manuel Ángel González Juanatey.

Segundo informou Cores Tourís, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de sacar hoxe no DOG a licitación destas obras que se executarán entre os puntos quilométricos 1-380 e 3-330 e permitirán fixar a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por estas obras. A data será o 27 de febreiro ás 10 da mañá.

Trátase da execución dun itinerario duns 2 quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada de titularidade da Xunta PO-313, dende a saída de Marín e conectando coas beirarrúas existentes ata Pardavila, no punto quilométrico 3+300, unha vez pasado o enlace coa Variante de Marín.

A intervención comezará polos primeiros 15 metros desta estrada, no punto quilométrico 1+380, onde se executará unha pequena plataforma para salvar o rego existente. A partir dese punto, a sección tipo constará dunha senda en formigón coloreada de 1,8 m de ancho medio, aproveitando nalgún tramo intermedio a beirarrúa existente.

Como obras complementarias, e necesarias para unha funcionalidade e seguridade dos usuarios da senda, poden destacarse a instalación dunha nova rede de drenaxe e a mellora da intersección existente no punto quilométrico 2, coa execución dun carril central e dun cambio de sentido.

Os obxectivos prioritarios desta actuación é incrementar a seguridade dos veciños nos seus desprazamentos cotiás e promover unha mobilidade máis sustentable.

En concreto, as obras suporán a execución pola marxe esquerda dunha senda peonil e ciclista entre os puntos quilométricos 1+380 e 3+330, ademais, reporase o camiño de acceso á PO-313 no punto quilométrico 1+670, na marxe esquerda, así como no p.q. 1+750. Por outra banda, reporase a escaleira situada no p.q. 1+700, repoñéndoa en paralelo á estrada, ampliándose tamén a calzada no p.q. 2+020, habilitándose unha zona para cambios de sentido e un carril central de espera e aceleración, con carrís de cambio de velocidade na marxe esquerda.

Finalmente, instalaranse refuxios nas paradas de autobúes, desprazarase a existente na marxe esquerda e colocarase unha nova na marxe dereita. Reporase a rede de drenaxe e os servizos afectados e desprazaranse as sinais verticais.

En total, actuarase sobre 1.714 metros, ampliándose a calzada, aplicando zahorra artificial e mestura bituminosa. Para a execución destas obras foi necesito expropiar 19 parcelas. O prazo de execución será de seis meses.

O orzamento da obra será de 715.000 euros. Máis información no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200114/AnuncioG0181-181219-0002_gl.html

Esta obra atópase inmersa dentro da estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, que ten como obxecto identificar e planificar os tramos de sendas peonís o ciclistas necesarios para mellorar a mobilidade sostible nesta comarca. Os traballos inclúense dentro do programa operativo FEDER 2019-20, e en particular, dentro da acción de fomento de estratexias de redución do carbono e da mellora da seguridade viaria.

A Xunta, sumando o Plan de Sendas de Galicia, que recolle a execución de 4 itinerarios sostibles neste municipo; a eliminación de ‘puntos negros’; e a mellora da rúa Concepción Arenal está a mobilizar máis de 5 M€ para incrementar a seguridade viaria en máis de 8 km de estradas de Marín.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es